Xornadas de Comercio organizadas pola
Deputación Provincial "Desenvolvemento local.
Comercio"

A Guarda, 07/04/2008.
A Asociación de Empresarios da
Guarda (ACIGU CCA) asistiu ao acto
“ENCONTROS CO COMERCIO PARA ASOCIACIÓNS E COMERCIANTES” que se
celebrou o 4 de abril
do 2008 no Parador de Cambados, organizado pola Deputación de
Pontevedra, Desenvolvemento local.
Comercio. No acto interviu Carmen Mª
García Braga pola Comarca do Baixo Miño no apartado do programa
“intervencións das Asociacións”, onde expresaron as súas
necesidades algunhas das comarcas da Provincia.
Carmen
Mª García Braga reclamou un plan dinamizador para potenciar o
comercio na comarca do Baixo Miño:
 |
Infraestructuras en comunicacións |
 |
Parques industriais coa
máxima urxencia |
 |
Reorganización e remodelación das zoas
peonís |
 |
Remodelación das Prazas de Abastos |
 |
Aparcamentos Subterráneos |
 |
Creación dunha sociedade mancomunada de
iniciativas |
 |
turísticas |
 |
Creación e potenciación de Portos deportivos |
 |
Porto marítimo deportivo de amarre |
 |
Plans xerais de urbanismo. |