Masiva presenza de
público no peche da campaña “As compras na túa vila teñen premio”

O auditorio de San Bieito resultou pequeno para acoller
ao numeroso público que ateigaba este espezo
A Federación
Galega de Comercio e ACIGU celebraron, o pasado sábado, o acto final da
campaña de animación ao consumo que co lema “As compras na túa vila
teñen premio”, que se desenvolveu do 2 ao 14 de novembro nesta
localidade.
Comerciantes e consumidores acolleron esta iniciativa con
entusiasmo como o proban os 17.150 boletos que se recolleron na urna
habilitada para o sorteo de 3.000 euros repartidos en vales-compra.
O sábado, con distintas alternativas de animación durante
todo o día, celebrouse, ás sete da tarde, e logo da actuación da
cantante Lucía Pérez, o sorteo dos dous vales compra por importe de 300
euros cada un, e outros 24 con cen euros de agasallo en compras.
Ao sorteo asistiron a presidenta de ACIGU, Carmen García, o
presidente da Federación Galega de Comercio, José Mª Seijas, o
presidente da Federación de Comercio de Pontevedra, Antonio Reguera, o
alcalde da Guarda José Manuel Domínguez e a directora Xeral de Comercio,
Nava Castro.
A iniciativa da Federación Galega de Comercio “As compras na
túa vila teñen premio”, contou coa colaboración das federacións
provinciais de Comercio, Dirección Xeral de Comercio e Caixa Galicia,
representada por Gabriel Gómez, coordinador de
Negocio da zona sur de Pontevedra,
desenvolvéndose esta iniciativa en oito
localidades galegas. Na provincia de Pontevedra, ademais de na Guarda, a
campaña realízase nestes momentos tamén en Salvaterra de Miño.

Carmen García no momento de dirixirse ao público no
Auditorio de San Bieito. Detrás, Antonio Reguera, presidente da
Federación Provincial de Comercio; Nava Castro,
directora xeral de Comercio, e José Mª Seijas, prsidente da Federación
Galega de Comercio

Outra imaxe
que dá conta da afluencia de público a esta convocatoria

Animación de
rúa percorrendo a rúa Vicente Sobrino

O guardeses
participaron da diversión que a Federación Galega de Comercio levou á
Guarda nesta especial xornada de animación

Unha nena
puido contemplar a rúa desde os brazos dun "zancudo"

Malia ás
predicións climatolóxicas adversas, o tempo quixo dar un respiro e
posibilitar esta cita lúdica-comercial

Os guardes
foron cómplices desta xornada para acadar un triúnfo esperado polos
organizadores





