Xoves, 17 de xaneiro de 2008
A Distribuidora “Disramo” dá o premio
estrela de ACIGU: 5.000 euros para gastar en establecimentos asociados

A Asociación de Empresarios da Guarda
sorteou, pouco despois das oito e media da noite de onte, os 127 premios
de “O Nadal de ACIGU”, cos que os establecimentos asociados agasallan a
fidelidade dos seus clientes no pasado Nadal.
Deu fe do acto o notario da Guarda,
José Manuel Rodríguez Casal, e
colaboraron na extracción das bólas, seis
voluntarios.
Entre os premios sorteados había
electrodomésticos, vales-compra, viaxes e, como premio estrela, un
cheque compra por contía de 5.000 euros para gastar en establecimentos
asociados a ACIGU. Este cheque foi entregado a algún cliente pola
distribuidora "Disramo". O agraciado cos cheque compra ten 90 días,
antes de que caduque a entrega, para recoller o vale en cuestión.
Os números agraciados e cadanseu regalo
foron os seguintes.