portada

instalaciones

situación

servicios

C. Oportunidades Entrevista

hemeroteca

Reportajes

IV Degustación gratuíta de Rosca de Xema

anterior    seguinte

ACITU esgotou as 10.000 racións de rosca na IV Degustación celebrada o sábado, 21 de xuño

   A Asociación de Empresarios de A Guarda ACIGU CCA, celebraba a IV Degustación da Rosca de Xema o pasado sábado 21 de xuño, a partir das 18.00 horas, no porto de A Guarda.

   Iniciábase a festa, prolongándose ata as 20.30 horas, esgotándose as 10.000 racións, tendo os organizadores que proverse de máis roscas dos expositores participantes: Confitería Rogelio e Panaderia – Pastelería do Muño.

   A degustación ía acompañada dunha festa infantil para os máis cativos, onde os paiasos fixeron a delicia dos nenos, e foron entregadas 900 bolsas de lambiscadas.

   A degustación gastronómica contou con un gran número de visitantes do país veciño, segundo datos contrastados na oficina de turismo, ademais dos turistas que nos acompañan nestes días para coñecer A Guarda e a nosa comarca.

   A Asociación valorou moi positivamente a asistencia de tantos visitantes portugueses, o que quere dicir que a presentación que se fixera ante os medios dese país, o pasado 16 de xuño, nas instalación da Entidade Rexional do Turismo do Norte – NUT II, no Castelo de Santiago da Barra en Viana do Castelo, deu un excelente resultado.

   ACIGU CCA non pretende facer negocio coa venta dun producto en promoción, o que busca e fomentar a gastronomía típica da localidade ademais do comercio e a hostalería local.

   ACIGU aposta por promocionar a gastronomía, o comercio, a industria e os recursos empresariais de calidade.

Os miúdos, que ademais de degustar rosca de xema tiveron a oportunidade de levarse globos e pintar as facianas, foron obsequiados, ao rematar o acto, cun cucurucho de lambetadas. As colas para pintarse ou levarse un figura realizada cos globos motivou colas na que os pais e as nais tamén foron protagonistas, pola paciencia que tiveron que demostrar ata que tocaba o turno dos seus. O exito desta iniciativa repetiuse, un ano máis, o mesmo que sucedeu nas edicións precedentes

anterior    seguinte