anterior
seguinte

Cunha temperatura idónea para a celebración, e co concurso da confitería
Rogelio e Panadería Do Muño, a Rúa do Porto, na Guarda, acolleu a IV
Degustación gratuíta de Rosca de Xema enmarcada na filosofía de ACIGU
CCA de promocionar, entre guardeses e visitantes, un dos máis exquisitos
postres de Galicia, que ten o seu berce na Guarda.
Centos de persoas acudiron aos diferentes stands montados pola
Asociación de Empresarios da Guarda para degustar este postre, adquirir
un roscón de xema ou mesmo para mercar calquera outro produto da variada
gama da repostería que xorde dos fornos da confitería Rogelio e da
Panadería do Muño.
Como alternativa para os miúdos, houbo globoflexia e os que quixeron
converteron as súas facianas en bolboretas, o incrible Hulk ou Home
Araña.
Carmen García, presidenta do colectivo empresarial creado na Guarda, e
que preside desde 1992, amosábase satisfeita pola resposta do público
nesta IV Degustación gratuíta da Rosca de Xema, agradecendo a cantos se
achegaron á Rúa do Porto a súa presenza, agradecemento que fixo
extensivo aos profesionais da repostería, Rogelio e Alberto.

Alberto, de
Panadería do Muño, fronte a unha rica variedade de produtos elaborados
no forno da rúa Puerto Rico

Rogelio, que
aquí se fotografía co seu neto, Manuel, levou a esta IV Degustación,
xunto coa rosca de xema, outra ampla variedade de produtos de
elaboración artesanal










anterior
seguinte