|
ACIGU CCA promociona a rosca de xemas en
Portugal

A Guarda, 18 de xuño de 2008.
A Asociación de Empresarios de
A Guarda (ACIGU CCA) presentou nas instalacións
da Entidade Regional do Turismo do Norte – NUT II a IV Degustación
gratuíta da Rosca de Xema Guardesa no Castelo de Santiago da Barra en
Viana do Castelo

A Presidenta da Asociación de Empresarios de A Guarda
Carmen Mª García Braga mantivo, previa a presentación, unha reunión de
traballo con Francisco José Torres Sampaio, presidente
da Regiao de Turismo do Norte de Portugal, na cal Torres Sampaio lembrou
unha das conclusións do Forum Vale do Minho Transfronteirizo realizado
no 2000: “a mobilidade transfronteriza de persoas constitúe a forma máis
espontánea de cooperación pois e, esencialmente entorno a un tipo de
vida e de calidade a el asociada, nunca
esquecendo que Galicia foi, e será, o mercado de proximidade que mais
turistas e excursionistas trae para o Alto Minho e, necesariamente, para
toda a Region Norte a el asociado".
A continuación, en rolda de prensa ante as axencias de
prensa acreditadas para o acto, iniciouse o turno de intervencións.
|
Antonio Reguera Repiso
Antonio Reguera Repiso, presidente
da Federación Luso-Galaica e presidente
da Federación Provincial de Comercio de Pontevedra
manifestou que “A orden gastronómica
Luso–Galaica está desempeñando un gran
labor a nivel Portugal-Galicia, como é
promocionar a gastronomía tradicional. Nesta ocasión vimos aquí
coa presidenta dos empresarios da
Guarda que forma parte da Xunta Directiva da Federación
Luso-galaica e é unha persoa entusiasta, e que trae aquí a
promocion da Rosca de Xema Guardesa, tal como outras veces xa se
presentara noutras cidades de España.
Estamos hoxe aqui, neste castelo de Santiago da Barra en Viana
porque é o mellor lugar do norte de
Portugal para presentar a IV Degustación Gastronómica da Rosca
Xema Guardesa, tal como o ratificou a Comissao Instaladora da
Entidade Regional do Turismo do Norte – NUT II que patrocina a
gastronomía tradicional. A miña felicitación á
Presidenta, a súa xunta directiva de ACIGU CCA, polo seu
recorrido na promoción da gastronomía de calidade da Comarca do
Baixo Miño". |
Carmen Mª García Braga
A Presidenta de ACIGU CCA,
despois de facer un breve resume ante os medios portugueses do que é e
compón a Asociación de Empresarios da Guarda, engadiu que “Aproveitando
a infraestrutura da Fundación Luso-Galaica e os servizos que presta a
gastronomía do seu ámbito, desde ACIGU pensamos que esta vez tiñamos que
vir a Portugal a presentar un dos nosos atractivos gastronómicos: a
rosca de xema guardesa.
A IV Degustación da rosca de xema de ACIGU está pensada, desde o seu
inicio, para promocionar a gastronomía, o comercio e a industria local;
é dicir, apostar por uns recursos empresariais de calidade que cheguen
aos potenciais consumidores da nosa área de influencia, é dicir, Galicia
e o norte de Portugal.
ACIGU, xa no ano 1991, transmitiu ao concello da Guarda
a inquietude da potenciación da Lagosta da Guarda, creándose ese mesmo
ano, entre o concello e esta asociación, a primeira Festa da Lagosta.
Desde ese momento, A Guarda é coñecida por ser 'a
Capital da Lagosta', esta vez, e en diante, en recoñecemento aos
empresarios do sector da restauración e artesáns pasteleiros da Guarda,
seremos sempre referente do sinónimo de calidade.
Non podemos empeñar o noso nome, se non é para potenciar
o produto polo cal xa somos recoñecidos, a lagosta e o roscón de xema,
no inicio dos cales sempre estivo presente ACIGU.
O próximo día 21 e de forma totalmente gratuíta,
entregaremos 10.000 racións da citada rosca, é un ofrecemento que fan os
empresarios de ACIGU CCA.
A degustación farase na avenida do porto da Guarda a
partir das 18.00 horas, e alí estaremos, como afacemos, coa festa
infantil para todos os nenos que queiran acudir, con pallasos, xogos e
animación.
En ACIGU apostamos sempre pola calidade, apostamos pola
Rosca de Xema".
|
Fátima
Iglesias
A concelleira Partido de Popular da Guarda,
Fátima Iglesias, acudiu tamén a este acto, comprometendo o seu
apoio: “Desde o Grupo municipal do Partido Popular queremos
dicirlle á Asociación de Empresarios da Guarda en xeral, e a
Carmen en particular, que nosoutros sempre vimos con gusto e
pracer a todos os actos que a asociación organiza. Dámoslle as
grazas a ACIGU, polo seu carácter sempre innovador en todo o que
fai e promove, que sempre está vendendo calidade e reafirmamos
á presidenta que pode contar con nós para o que necesite e o que
queira. Ao grupo do PP pareceunos moi interesante e atractivo
facer esta presentación nun pobo veciño, e darlle así un
carácter internacional ao Roscón de Xema Guardés” |
Montserrat Magallanes
A Concelleira de Turismo do concello da Guarda
Montserrat Magallanes manifestou, “En nome do alcalde José Manuel
Domínguez Freitas e en nome de todo o equipo de goberno, queremos
destacar o precioso lugar onde nos atopamos, as vistas incribles: é unha
delicia poder estar nestas instalacións. A min gustaríame destacar a
importancia que ten esta festa do Roscón de Xema Guardesa para o pobo da
Guarda. É unha festa moi propia nosa, é un produto típico da nosa
localidade, demandado por aqueles que nos visitan e o levan de recordo.
Quero destacar toda a colaboración que o equipo de
goberno vén mostrando para promocionar que todos estes eventos que se
organizan teñan a maior difusión, promoción e a maior afluencia de
público; resaltar tamén que todos os que nos visitan na Garda, quedan
con ganas de repetir, seguramente é pola afabilidade das súas xentes, a
grandiosidade das vistas e todo ese patrimonio importante que temos e
que podemos ofrecer o que fai que A Guarda sexa un dos municipios mais
visitados. Nesta festa do Roscón de Xema desexo mostrarlle á asociación
toda a colaboración do equipo de goberno e que en ocasións futuras vaia
collendo máis renome”.
Ao remate das intervencións
abriuse unha rolda de preguntas para prensa onde
tiveron a oportunidade de aclarar e confirmar informacións sobre a IV
Degustación da Rosca de Xema Guardesa. A
continuación os convidados e a prensa puideron degustar a afamada rosca
xunto cun vinho verde ofrecido polos representantes do turismo da rexión
do norte de Portugal.






seguinte |