ACIGU Inaugurou a Oficina de
Turismo na Rúa do Porto

A Guarda, 13 de xuño de 2008.
Onte, ás 12.00 horas,
tivo lugar na sede da Asociación de Empresarios ACIGU
CCA, unha reunión entre a presidenta
Carmen Mª García Braga e José
Manuel Figueroa (presidente do Patronato de
Turismo Rías Baixas) e J. Octavio Rodríguez Nieto (director
do Patronato Turismo Rías Baixas), os que na súa estadía na sede
de ACIGU puideron coñecer os novos proxectos e
intercambiar opinións en relación ao turismo do Baixo Miño e todo o
relacionado co Patronato, así como as novas tecnoloxías empregadas de
cara a Ao estudo e rexistro de visitas.

Despois da reunión, o traxecto dende a Praza da Igrexa
ata a rúa do Porto fíxose dando un paseo, xa que o día convidaba a
facelo.

As 13.00 horas quedaba inaugurada, pola presidenta
de ACIGU Carmen Mª García Braga, Chema Figueroa e J. Octavio Rodríguez
Nieto, acompañados por Emiliano López Piñeiro y Juan Jesús González
Fernández (directores de Caixanova), Fátima
Iglesias Ferreira y Fernando Domínguez Martínez (concelleiros
do PP da Guarda), xunto cos dous técnicos de
turismo, e se daba por iniciada a temporada de
verán, para a promoción da Comarca do Baixo Miño e dos máis de 200
asociados de ACIGU.

Entre os primeiros visitantes á Oficina de Turismo de ACIGU
estiveron Francisco Ríos e Rosa Pérez, que quixo deixar moi claro que
viñan de Lliria (Valencia), e percorren Galicia, destacando a calidade
da súa gastronomía e a paisaxe que ofrece esta terra, reafirmando que
están encantado de atoparse nesta comunidade.

Trala inauguración da Oficina de Turismo de ACIGU os
representantes da Asociación e os asistentes ao acto dirixíronse ata o
Centro de Oportunidades de ACIGU, na rúa Inguieiros. Os convidados
puideron coñecer as instalacións e ao persoal, aproveitando a Presidenta
a explicar o funcionamento deste centro de oportunidades.
ACIGU CCA comprometeuse co Patronato de Turismo Rías
Baixas a facer entrega periodicamente de balances estatísticos das
visitas e consultas da Oficina de Turismo.
O Plan Turístico de ACIGU CCA baséase
nas seguintes áreas de actuación:
·
formación
·
información
·
promoción
·
calidade
Impulsando a formación turística e creación dos medios
para elo, analizando e homoxeneizando a imaxe turística, consolidando a
articulación e coordinación das actuacións promocionais, afianzando os
fundamentos metodolóxicos que melloran a súa eficacia e difundindo a
importancia da calidade na prestación dos nosos servicios.
A continuación detallamos un resume da análise realizada
dende o departamento turístico da asociación nos últimos cinco anos.
Procedencia:
As cinco comunidades que máis nos
visitaron foron:
·
Madrid 22,5 %
·
Castilla - León 16,5 %
·
Pais Vasco 11,50 %
·
Asturias 9,5 %
·
Cataluña 9,2 %
A porcentaxe de estranxeiros do total de visitantes foi
do 8 %, dos que destacan os seguintes países:
·
Portugal
·
Francia
·
Reino Unido
·
Arxentina
·
Uruguai
A media de consultas nos últimos cinco anos nas oficinas
de Turismo da Asociación de Empresarios de A Guarda (ACIGU CCA) foi de
23.895 anuais.