portada

instalaciones

situación

servicios

C. Oportunidades Entrevista

Rueiro

Turismo Gastronomía Hemeroteca

Noviembre-2014

   

 

 

 

Xoves, 20 de novembro de 2014   

ACIGU manifiesta su malestar por la pérdida de una subvención municipal para el arreglo de la Plaza de Abastos

 

Sábado, 1 de novembro de 2014   

Os comerciantes serán os encargados de entregar os premios na Campaña de Nadal de ACIGU

A Asociación de Empresarios de A Guarda informa que na mañá do 31 de outubro realizou a presentación da Campaña de Nadal 2014-15, informándose aos presentes en que consistía esta nova actividade de Dinamización Comercial de Proximidade.

Este ano a Campaña será novidosa no sentido de que non se realizará ningún sorteo como ata a data e durante máis de 20 anos se realizara.

A Xunta Directiva quería a participación directa do Comerciante coa súa clientela; por iso este ano serán eles os encargados de entregar os premios e cambialos de forma directa. Para iso repartiranse entre os asociados os tíckets que levarán incluídos o importe do premio que poderán cambiar de forma directa no propio establecemento.

 

ABANCA chegará a 4.000 empresarios para explicar o seu plan de apoio ao tecido produtivo

ABANCA acaba de poñer en marcha a iniciativa ‘Ao teu carón antes que ninguén’, coa que pretende explicar de primeira man ás pemes e autónomos galegos o seu plan global de apoio ao tecido empresarial da comunidade.

O plan contempla a celebración de máis de 70 encontros informativos nas principais comarcas e localidades galegas durante os próximos dous meses. ABANCA prevé chegar a través destas reunións a máis de 4.000 empresarios galegos.

As xornadas están dirixidas principalmente a pemes, micropemes, autónomos e comercios. A entidade conta para a organización dos encontros coa colaboración de asociacións empresariais, de comerciantes, clústeres e as principais organizacións sectoriais da comunidade.

Nas reunións, responsables das distintas direccións territoriais e de zona de Banca Minorista de ABANCA -e nalgúns casos, tamén representantes de Banca de Empresas- explicarán aos empresarios a transformación acometida pola entidade na súa nova etapa e a súa aposta decidida por apoiar o tecido produtivo a través do impulso do crédito.

Os representantes de ABANCA detallarán nestes encontros os grandes eixos do plan global de apoio á empresa, así como as novas accións e liñas de crédito abertas pola entidade para dar resposta ás necesidades de pemes e autónomos. Entre as últimas accións dirixidas ao tecido produtivo destacan o Plan Activamos e o Plan de Dinamización do Comercio galego.

Para o Plan Activamos, ABANCA comprometeu 202 millóns de euros en crédito a familias, pemes, autónomos e corporacións locais. No caso das empresas, este plan oferta financiamento nas mellores condicións do mercado para a posta en marcha de novos negocios, novas contratacións nos xa existentes, novos investimentos empresariais e a realización de actuacións que contribúan a mellorar a eficiencia enerxética das empresas galegas.

Primeiras reuniones

As primeiras reunións con empresarios celebráronse nos últimos días en pequenas localidades das comarcas de Soneira, Barbanza, Ordes, Valdeorras, A Mariña, Val Miñor ou Vigo, con gran éxito de participación entre os empresarios de cada zona. Para hoxe están previstos encontros en Ordes e Ferrol, e durante os próximos días sucederanse xornadas por distintos puntos da xeografía galega, como O Porriño, Nigrán, Monforte ou As Pontes. Financiamento concedido

ABANCA concedeu entre xaneiro e setembro financiamento por importe de 4.500,5 millóns de euros. Dous terzos do investimento outorgado pola entidade financeira destináronse a Galicia.

Deses 4.500 millóns de euros, 2.356 millones corresponden a novas formalizacións de hipotecas, préstamos ao consumo e circulante empresa, e o resto, ao volume financiado ao tecido empresarial a través de liñas de desconto, confirming, factoring e comercio exterior.

O banco reforzou durante este ano o seu posicionamento como primeira entidade financeira de Galicia. A entidade aumentou 1,7 puntos porcentuais ata xuño (últimos datos dispoñibles) en cota de crédito a particulares e empresas na súa comunidade de orixe. Este novo crecemento ratifica o compromiso da entidade de contribuír á dinamización da actividade crediticia en Galicia.