Escrito de ACIGU á
Xunta de Goberno Local queixándose do despregue dunha pancarta sen
licencia
Concello de A Guarda
Comisión de Goberno
A Guarda, 2 de xullo de 2008
Asociación de Empresarios de A Guarda
(ACIGU CCA) con CIF- G 36.122.406 con domicilio en Rúa Agustín Nandín
Lomba - 4 e na súa representación Carmen Mª García Braga
EXPON:
Que o día un de xullo
foi instalada entre a rúa Galicia e a rúa Concepción Arenal unha
pancarta duns dous metros de largo nuns indicadores públicos,
promocionando unha feira, ubicada ésta a vista da policía local e dos
responsables municipais.
A Asociación de Empresarios
comunicoulle a concelleira de Comercio Monserrat Magallanes Álvarez a
ilegalidade da ubicación da pancarta, e esta foi retirada, aínda que
permanecen uns carteis instalados no alumeado municipal.
Nós
non entendemos que teña ACIGU CCA que estar denunciado as ilegalidades
que se cometen á hora de promocionar eventos e
empresas na localidade, xa que ao Empresariado local e ACIGU CCA sempre
se nos esixen todos os permisos á hora de instalar calquera publicidade.
Carmen Mª García Braga
(Presidenta)
Carmen
García Braga reuniuse co director Xeral do Instituto Galego de Vivenda e
Solo
A Guarda,
02/07/2008.
Carmen Mª García Braga presidenta da
Asociación de Empresarios de A Guarda (ACIGU CCA) mantivo, no día de
onte, unha reunión no Instituto Galego de Vivenda e Solo co, Daniel
Pino Vicente, e co representante da Empresa Suelo Empresarial del
Atlántico S.L., onde se tratou do estado actual no que se atopan as
xestións de construcción do parque empresarial da Guarda – O Rosal. A
Asociación de Empresarios da Guarda pon a disposición de aqueles
empresarios interesados no seguimento deste proxecto, toda a
información e os técnicos da asociación na sede de ACIGU.
A
Asociación de Empresarios de A Guarda ACIGU CCA celebrou
o 27 de xuño
un VENRES GASTRONOMICO
A Guarda,
30/06/2008.
En cumprimento das bases reguladoras
da campaña promocional fíxose entrega, hoxe sábado 28 de Xuño, 126 Vales
Compra para consumo en establecementos asociados do sector comercial.
Excepcionalmente permitiuse recoller tikets na Oficina de Turismo da
Asociación de Empresarios de A Guarda, situada na rúa O Porto, xa que a
numerosos turistas informóuselles dos Venres Gastronómicos e para
facilitarlle a entrega dos vales compra se lles comunicou que podían
recollelos o mesmo sábado na oficina de turismo ou na sede de ACIGU CCA,
para que este consumo revirta directamente nos establecementos
comerciais.
Xa o mes pasado obtivéronse
excelentes resultados, pero este mes desnordáronse as previsións,
consideramos que a campaña e un gran incentivo e o bo tempo outro.
Esta e a sétima edición dunha
campaña que aposta por unha gastronomía de calidade dos restaurantes de
ACIGU CCA recoñecidos a nivel: autonómico, nacional e internacional.
Dende a restauración guardesa sempre
se apostou por un nome, “CAPITAL DA LANGOSTA”, sendo todos os productos
ofertados da mesma calidade.
ACIGU CCA e así mesmo a Federación
Provincial de Hostalería e a Federación Galega de Comercio avalaremos e
defenderemos sempre unha hostalería e un comercio de calidade.
O remate dos Venres Gastronómicos a
asociación realizará unha análise detallada do consumo e a repercusión
no consumo e na hostaleria Guardesa.
ACIGU está a
informar aos establecementos das normas que afectan ás rebaixas de verán
A Guarda,
28/06/2008.
Co gallo do comezo da Campaña de
Rebaixas de Verán 2008 que terá lugar o próximo día 1 de xullo, a
Asociación de Empresarios de A Guarda – ACIGU CCA, está a facilitar unha
circular informativa coas normas que deberán seguir tódolos comerciantes
da provincia de Pontevedra que participen nas “Rebaixas de Verán”, de
acordo co Decreto da Consellería de Industria e Comercio que regula as
aperturas en días festivos e domingos así como as normas que teñen que
cumprir os comerciantes que realicen a devandita campaña, co fin de
evitar inconvintes cos seus clientes.
Acompañando a esta circular tamén se
lles está a facilitar a carteleira necesaria para dita tempada.
Circular informativa
Con motivo da chegada do período de
REBAIXAS DE VERÁN, a Federación de Empresarios do
Baixo Miño informa que entre o 1 de xullo e o 30 de setembro
(ambos incluídos), cada comerciante poderá fixar libremente as
datas que considere máis oportunas para desenvolver dito tipo de vendas,
debendo ser durante un período continuo de cómo mínimo unha semana e
como máximo dous meses.
Convén lembrar as seguintes
RECOMENDACIÓNS para esta tempada:
Anunciar as rebaixas
mediante carteis fixados nos establecementos.
Estos carteis deben ser perfectamente visibles dende o exterior,
aínda cando o establecemento esté pechado, e neles deberá constar
claramente o período de vixencia das rebaixas. No caso de
reducir o prezo de todos os artigos nunha mesma porcentaxe, dito
desconto poderá ser incluído no cartel anunciador das rebaixas.
Etiquetar os artigos de
forma que se mostre de forma ben visible o prezo anterior e o prezo
rebaixado de cada artigo. En substitución
deste último, pode expresarse a porcentaxe de redución do prezo
de cada artigo ou dun conxunto de artigos perfectamente identificados
Non poderán ser obxecto
de rebaixas aqueles productos deteriorados ou adquiridos expresamente
para tal finalidade, nin tampouco aqueles artigos que non foran postos á
venda con anterioridade.
Nun mesmo establecemento
comercial, non poderán realizarse ao mesmo tempo venda de saldos e
venda de rebaixas.
No caso de non admitir o
pago con tarxetas en periodo de rebaixas, deberá publicitarse claramente
e nun lugar visible esta circunstancia,
mediante cartel anunciador no que se indique: “Non se admiten
tarxetas como medio de pago”. Neste caso, toda referencia ás
tarxetas como medio de pago no establecemento deberá ocultarse para o
público.
A admisión de devolución
de artigos con carácter xeral é decisión unilateral do comerciante.
No caso de non admitir devolución de artigos é recomendable publicitalo
mediante o cartel xenérico: “Non se admiten devolucións”.
A redución de prezos
terá que afectar polo menos ó 50% da mercancía do local.
Os artigos non rebaixados deberán de estar suficientemente separados e
diferenciados dos rebaixados para non confundir ó cliente.
·
Lembrar que a venda en
rebaixas fora do período indicado e sen ter en conta as recomendacións
sinaladas, pode dar lugar á apertura de expedientes sancionadores
por parte de Consellería de Innovación e Industria.
“Venres
Gastronomicos” o 27 xuño de 2008

A Guarda, 26/06/2008.
ACIGU CCA
continúa a celebrar os “Venres Gastronómicos”, unha iniciativa coa que
se obsequia a todas aquelas ceas en parella con un importe igual ou
superior aos 40 €, cun cheque – compra por valor de 5 €, que poderán
consumir en calquera establecemento asociado, excluíndo o sector da
hostelaría e restauración.
Para poder
recibir este cheque – compra, os interesados deberán presentar, ao día
seguinte (sábado), na sede de ACIGU o ticket de caixa do restaurante
onde fixeron a devandita consumición.
As próximas datas
que coinciden con estes Venres Gastronómicos, que xa comezaron en maio,
son 27 de xuño, 26 de setembro, 31 de outubro e 28 de novembro.
Esta iniciativa é
totalmente gratuíta para os asociados e con ela preténdese impulsar unha
restauración e un comercio local de calidade.
ACIGU
esgotou as 10.000 racións de rosca na IV Degustación celebrada o sábado,
21 de xuño
A Guarda, 24/06/2008.
A Asociación de Empresarios de A
Guarda ACIGU CCA, celebraba a IV Degustación da Rosca de Xema o pasado
sábado 21 de xuño. A partir das 18.00 horas, no porto de A Guarda.
Iniciábase a festa, prolongándose ata
as 20.30 horas, esgotándose as 10.000 racións, tendo os organizadores
que proverse de máis roscas dos expositores participantes: Confitería
Rogelio e Panaderia – Pastelería do Muño.
A degustación ía acompañada dunha
festa infantil para os máis cativos, onde os paiasos fixeron a delicia
dos nenos, e foron entregadas 900 bolsas de lambiscadas.
A degustación gastronómica contou
con un gran número de visitantes do país veciño, segundo datos
contrastados na oficina de turismo, ademais dos turistas que nos
acompañan nestes días para coñecer A Guarda e a nosa comarca.
A Asociación valorou moi
positivamente a asistencia de tantos visitantes portugueses, o que quere
dicir que a presentación que se fixera ante os medios dese país, o
pasado 16 de xuño, nas instalación da Entidade Rexional do Turismo do
Norte – NUT II, no Castelo de Santiago da Barra en Viana do Castelo, deu
un excelente resultado.
ACIGU CCA non pretende facer
negocio coa venta dun producto en promoción, o que busca e fomentar a
gastronomía típica da localidade ademais do comercio e a hostalería
local.
ACIGU aposta por promocionar a
gastronomía, o comercio, a industria e os recursos empresariais de
calidade.
(Ver Reportaxe)
Curso
de Manipulación de Alimentos en ACIGU CCA
A Guarda,
16/06/2008.
A Asociación de Empresarios da Guarda
(ACIGU CCA) realizará o próximo 25 de xuño un Curso de Manipulación de
Alimentos, que se vai desenvolver na sede social deste colectivo, na rúa
Agustín Nandín Lomba-4, a partires das 17.00 horas.
Toda aquela persoa interesada terá
que anotarse nos teléfonos 986 61 17 43 ou 986 60 90 25 xa que as prazas
son limitadas.
Folleto de Ofertas de ACIGU do
mes de xuño
A Guarda,
14/06/2008.
Como tódolos meses, a
Asociación de Empresarios da Guarda – ACIGU CCA, volve promocionar aos seus
establecementos asociados mediante a elaboración do novo Folleto de Ofertas,
correspondente ao mes de xuño que se distribúe polos establecementos comerciais
da zona.
Este folleto, do que se
fai unha tirada de 5.000 exemplares e que ten carácter mensual, estando vixente
a partir da segunda quincena de cada mes, vai dedicado, este mes, á gastronomía,
concretamente á “IV Degustación de Rosca de Xema Guardesa” que terá lugar o día
21 deste mes de xuño no Porto de A Guarda, a partires das 18.00 horas.
Este folleto é un
servizo totalmente gratuíto para os nosos asociados e nel aparecen tódalas
ofertas que os asociados queren promocionar.
Clausura
do curso de Prevención de Riscos Laborais en ACIGU

A Guarda,
14/06/2008.
Carmen Mª García Braga presidenta da
Asociación de Empresarios de A Guarda (ACIGU CCA) clausuraba o pasado
xoves nas aulas da Asociación o curso de Prevención de Riscos Laborais
que comezara o 12 de maio.
A prevención de Riscos Laborais debe
ser un obxecto prioritario para todas as empresas, co fin de mellorar as
condicións de traballo e reducir o máximo os índices de sinestralidade.
ACIGU é consciente da importancia que
ditas condicións de traballo teñen sobre a seguridade e saúde dos
traballadores, por elo, promóvense desde este colectivo diferentes
iniciativas co obxectivo de fomentar a cultura preventiva nas empresas.
Dende a entrada en vigor da Lei
31/1995 de Prevención de Riscos Laborais , ACIGU, en colaboración ca
Confederación de Empresarios de Pontevedra, impulsa a información e
sensibilización empresarial nesta materia, levando a cabo distintas
accións de información, formación e asesoramento.
Con esta actividade formativa,
pretendeuse dar a coñecer ao alumnado a principal lexislación e os
conceptos básicos en materia de Prevención, así como facilitar as
ferramentas e coñecemento necesarios, para unha correcta xestión
preventiva na empresa

A
Asociación de Empresarios de A Guarda ACIGU CCA, inaugura hoxe a oficina
Turística - Comercial do Porto
A Guarda, 12/06/2008.
A presidenta de Empresarios da
Guarda, Carmen Mª García Braga, e o presidente do Patronato de Turismo
Rías Baixas, Chema Figueroa, presidirán hoxe, ás 13 horas, o acto de
inauguración da oficina turística-comercial da Guarda nesta nova
tempada.
A oficina turística e comercial é un
dos servicios ACIGU CCA, desde a que se informa profesionalmente, aos
turistas e visitantes que se achegan ata o porto de A Guarda, sobre
lugares de interese, eventos e festas así como información comercial e
gastronómica da localidade.
Realizado un novo Curso
de Manipulador de Alimentos
A Guarda, 12/06/2008.
A Asociación de Empresarios de A
Guarda (ACIGU CCA) realizou onte, 11 de xuño,
un curso de Manipulador de Alimentos da Xunta de Galicia. ACIGU da
prioridade a formación continua dos traballadores para o cumprimento da
lexislación vixente. Os asociados a ACIGU CCA optan gratuitamente a esta
formación continua.
ACIGU
promocionará a rosca de xemas da Guarda no Castelo de Santiago da Barra
no Campo do Castelo (Viana do Castelo)
A Guarda, 04/06/2008.
Asociación de Empresarios de A
Guarda (ACIGU CCA) con motivo da 4ª Degustación Gastronómica da Rosca de
Xema Guardesa o próximo 21 de xuño as 18.00 horas no porto de A Guarda,
organiza a través da Fundación Luso – Galaica o acto promocional no
Castelo de Santiago da Barra no Campo do Castelo – Viana do Castelo o
próximo 16 de xuño as 18.00 horas españolas e as 17.00 horas
portuguesas. O luns 9 de xuño entregáronse as invitacións á totalidade
da corporación local de A Guarda.
O acto contará ca presencia
do presidente da Fundación Luso – Galaica, Antonio Reguera Repiso,
autoridades políticas, asociativas e empresariais do Alto Miño
Portugués implicadas na difusión da nosa gastronomía no veciño pais .
Con esta presentación ACIGU
CCA vén potenciando desde fai case 20 anos turisticamente e
comercialmente A Guarda ademais de dar a coñecer a nivel internacional
un postre típico e característico de A Guarda.
Dende o Centro Comercial
Aberto de A Guarda potenciamos un comercio de calidade, unha hostalería
de calidade e unha festa gastronómica gratuíta, onde o importante é a
difusión dos nosos productos sen pensar na lucratividade do evento, e co
que se pretende a dinamización do sector empresarial guardés.
ACIGU reuniuse cos sectores
afectados pola “Lexislación vixente en materia de aparatos eléctricos e
electrónicos e xestión de residuos”
A Guarda, 04/06/2008.
A Asociación de Empresarios de A
Guarda (ACIGU CCA) mantivo onte unha reunión cos asociados dos sectores
afectados pola “Lexislación vixente en materia de aparatos eléctricos e
electrónicos e xestión de residuos”.
A Xornada foi destinada aos
sectores de venta de grandes e pequenos electrodomésticos, equipamentos
de informática e telecomunicacións, aparellos de iluminación, aparellos
electrónicos de consumo, ferramentas eléctricas ou electrónicas,
xoguetes e equipamentos deportivos ou de tempo libre, aparellos médicos,
instrumentos de vixilancia ou control e maquinas expendedoras, e nela
facilitouse información e asesoramento sobre a normativa e o compromiso
de continuar a facer as xestións necesarias para que esto se cumpra e se
dea solución a esta cuestión.
Un dos servizos aos que ACIGU CCA dá
preferencia é ao da información e asesoramento comercial e empresarial
para o cumprimento da lexislación vixente medioambiental, comercial,
formativa e preventiva para poder ofrecer un comercio e unha industria
de calidade.