(Ir a
noticias anteriores)
Celebrouse
o sorteo do Día da Nai de ACIGU CCA co reparto de 19 agasallos

A Guarda, 07/05/2008.
A Asociación de Empresarios da
Guarda (ACIGU CCA) realizou onte, 7 de maio, o sorteo da Campaña do Día da
Nai “Acordate Dela”, totalmente gratuíta para os asociados, e na que
colaboran a Federación Galega de Comercio, Consellería de Innovación e
Industria e Caixanova.
Coas campañas que realiza ACIGU CCA
preténdense potenciar as ventas dos establecimentos asociados e a súa vez
fidelizar a súa clientela. Desde a asociación están permanentemente apoiando
o comercio retallista cun programa continuo de servizos, campañas,
asesoramento e formación desenvolvido polos técnicos e o equipo asesor, no
que se analizan as necesidades e prioridades do sector en xeral e o comercio
en particular.
Os números premiados no sorteo do Día da
Nai, vaixo o lema “Acórdate dela” son os que se detallan a continuación:
|
VIAXE A CANARIAS |
18.026 |
|
VALE COMPRA 50 € |
30.061 |
|
VALE COMPRA 50 € |
19.021 |
|
VALE COMPRA 50 € |
27.261 |
|
VALE COMPRA 30 € |
6.700 |
|
VALE COMPRA 30 € |
44.780 |
|
VALE COMPRA 30 € |
35.445 |
|
VALE COMPRA 30 € |
1.001 |
|
VALE COMPRA 30 € |
25.138 |
|
VALE COMPRA 20 € |
29.147 |
|
VALE COMPRA 20 € |
45.221 |
|
VALE COMPRA 20 € |
17.568 |
|
VALE COMPRA 20 € |
5.691 |
|
VALE COMPRA 20 € |
43.925 |
|
VALE COMPRA 20 € |
39.389 |
|
VALE COMPRA 20 € |
26.855 |
|
VALE COMPRA 20 € |
19.206 |
|
VALE COMPRA 20 € |
8.716 |
|
VALE COMPRA 20 € |
32.417 |
A
presidenta de ACIGU esixe distinta información sobre a situación do
mercadiño da Alameda
A Guarda, 07/05/2008.
Carmen García
Braga, como presidenta de ACIGU, asinou un escrito dirixido ao alcalde da
Guarda no que se fai eco das queixas recibidas neste colectivo por parte dos
asociados referidas á venda ambulante.
No
escrito, Carmen García esixe, polo ben da cidadanía en xeral e do comercio
en particular, que se lle informe quen son os titulares do mercadiño dos
sábados e quen estiveron exercendo a venda ambulante o sábado, 3 de maio.
Quere saber tamén cal é a situación dos cobros deses postos, o protocolo de
inspección que se leva a cabo todos os sábados no mercadiño; por que se
permite o aparcamento en dobre fila cando no resto do pobo está prohibida, e
as medidas que se están a tomar para evitar a “Venda ambulantes
discriminada”.
Carmen
García espera que “neste concello se cumpra a ‘Ordenanza Municipal
Reguladora da Venda Ambulante’”.
Campaña de
apoio á hostelería e ó pequeno comercio coa posta en marcha dos “Venres
gastronómicos de ACIGU CCA”

A Guarda, 06/05/2008.
A presidenta da Asociación de
Empresarios da Guarda – ACIGU CCA, Carmen Mª García Braga, presentou onte un
proxecto de apoio á hostelería e restauración e ó pequeno comercio guardés,
cuxo obxectivo é a promoción hostaleira e comercial dos establecementos
integrados en ACIGU CCA.
ACIGU, neste proxecto, presenta, un ano
máis a Campaña dos Venres Gastronómicos cuxas bases explican que todas
aquelas ceas en parella con un importe igual ou superior aos 40 €, recibirá
un cheque – compra por valor de 5 €, que poderán consumir en calquera
establecemento asociado, excluíndo o sector da hostelería e da restauración.
Para poder recibir este cheque – compra,
os interesados deberán presentar, ao
día seguinte (sábado), na sede de ACIGU
o ticket de caixa do restaurante onde fixeron a devandita consumición.
As datas que coinciden con estes venres
gastronómicos son 30 de maio, 27 de xuño, 26 de setembro, 31 de outubro e 28
de novembro.
Esta iniciativa é totalmente gratuíta
para os asociados e con ela preténdese impulsar unha restauración e un
comercio local de calidade.
62
establecementos comerciais nos sectores de Moda e Complementos levan os seus
produtos ao Centro de Oportunidades de ACIGU CCA

A Guarda, 22/04/2008.
Carmen Mª García Braga inaugurou
onte, 22 de abril a nova tempada “Moda e Complementos” no Centro de
Oportunidades de ACIGU CCA.
Este servizo facilita aos establecementos
comerciais liquidar artigos doutras tempadas, ao mesmo tempo que cumpren a
lexislación vixente en comercio en materia de liquidación e recuperan parte
do capital invertido.
Nesta tempada participan 62
establecementos comerciais vinculados a estes sectores.
Dende que ACIGU CCA inaugurou este Centro
de Oportunidades máis de 150 establecementos tiveron a oportunidade de
liquidar a súa estocaxe nos sectores Decoración & Fogar e Moda &
Complementos.
Oportunidades ACIGU CCA abre con novos
artigos: zapatos, deportivos, moda home, muller e neno, roupa de baño,
lencería e complementos.
Este servizo conta ca colaboración da
Consellaría de Innovación e Industria, Federación Galega de Comercio e
Caixanova.
A tenda de oportunidades abre ao público
co seguinte horario:
Luns a sábado: 10.30 – 13.30
16.30
– 19.30

Inauguración da tempada de
Moda e Complementos no Centro de Oportunidades ACIGU CCA
A Guarda, 22/04/2008.
A Asociación de Empresarios de A
Guarda (ACIGU CCA) inaugura hoxe, día 22 de abril, a nova tempada de Moda e
Complementos no CENTRO DE OPORTUNIDADES ACIGU CCA, situado na rúa Inguieiros
2 da Guarda, despois de ter no mes de Febreiro – Marzo o sector Decoración –
Fogar.
Curso de “Prevención de
riscos laborais”de 50 horas de duración organizado por ACIGU
A Guarda, 27/03/2008.
A Asociación de Empresarios de A Guarda (ACIGU CCA)
organiza en colaboración coa Confederación de Empresarios de Pontevedra, e
para traballadores do réxime xeral ou autónomos:m un curso de “Prevención de
riscos laborais”de 50 horas de duración.
As persoas interesadas en participar no mesmo deberán
inscribirse na sede de ACIGU CCA ou chamando ao número de teléfono 986 61 17
43. Prazas limitadas
“Acórdate dela” campaña de ACIGU CCA co gallo do Día da
Nai

A Guarda, 16/04/2008.
Onte, 15 de abril, presentouse a campaña do Día da Nai – Acórdate Dela,
na sede social de ACIGU CCA co obxecto da celebración e promoción do
comercio local. “Acórdate dela” anúnciase de xeito innovador e diferente, de
acordo a forma en que está estructurada a sociedade hoxe en día.
A campaña “Acordate dela”,
premiará a fidelidade dos clientes sorteando 1 viaxe a Canarias; 3
Vales-compra de 50€; 5 Vales-compra de 30€ e 10 Vales-compra de 20€
Chocolatada
Por outra banda ACIGU CCA convida a todos aqueles que o
desexen, a disfrutar con esta asociación, o próximo 25 de Abril, dunha
Chocolatada, con motivo do Día de Portugal na Praza de San Benito da Guarda,
onde está previsto repartir máis de 2.500 racións de chocolate e rosca.
ACIGU CCA
celebrará o Día de Portugal (25 de abril) cunha Gran Chocolatada

A Guarda, 08/04/2008.
Con motivo da celebración do Día
De Portugal, o próximo 25 de abril, ACIGU CCA, tal e como vén facendo nos
últimos anos, vai premiar a fidelidade dos clientes dos establecementos
asociados, cunha Gran Chocolatada, na que está previsto servir 2.500 racións
de chocolate e rosca.
Este acto vaise desenvolver na Praza de
San Benito e dará comezo ás 17.30horas.
As invitacións para a degustación poderán
recollerse nos establecementos asociados á Asociación de Empresarios de A
Guarda, ACIGU CCA.
Sorteo de Día do Pai de
ACIGU-CCA

A Guarda, 27/03/2008.
A Asociación de Empresarios de A Guarda (ACIGU CCA)
realizou onte, 26 de marzo, o sorteo da Campaña do Día do Pai, totalmente
gratuíta para os asociados.
Os números premiados son os que se detallan a continuación:
Facturación
Electrónica e a Protección de Datos tratados nunha xornada de divulgación
organizada por ACIGU

A Guarda, 12/03/2008.
A Asociación de Empresarios da Guarda (ACIGU CCA) organizou
o martes, 11 de marzo, un seminario formativo dirixido ao empresariado local
no que se tratou sobre a Facturación Electrónica e a Protección de Datos
Co tema da Factura Electrónica ACIGU quixo informar á
pequena empresa dos beneficios que supón a súa implantación e aclarar
dubidas sobre o novo formato de facturación. A mesma consiste nun documento
tributario xerado por medios informáticos, en formato electrónico, que
sustitúe ao documento físico en papel conservando o seu mesmo valor legal e
que pode ser conservado electronicamente.
Esta facturación telemática basease na aplicación de
mecanismos que permiten garantir a autenticidade da orixe das facturas e a
integridade do seu contido.
Coa Protección de Datos preténdese manter informado e
formar o empresariado sobre lexislación na protección de datos que debe
garantir os dereitos e liberdades das persoas, e en particular o dereito de
respectar a intimidade; non tratándose só de cumprir a lei por temor as
sancións senón de xestionar con eficacia a información acumulada nas nosas
empresas.
Este seminario foi impartido pola Confederación de
Empresarios de Pontevedra (CEP) coa colaboración de ACIGU CCA.
Carmen García presentou o Curso de
inglés comercial

Carmen García,
presidenta de ACIGU; Antonio, director do centro Informática San Benito, e
Sofía Vicente, profesora do curso de inglés
A Guarda, 08/03/2008.
A Asociación de Empresarios de A Guarda (ACIGU CCA)
e na súa representación Carmen Mª García Braga presentou o xoves, 6 de
marzo, o curso de Ingles comercial.
O curso impártese en Informática San Benito e esta incluído
no programa formativo da Federación Galega de Comercio a través de Femxa en
colaboración coa Asociación de Empresarios da Guarda (ACIGU CCA).
Xornada
sobre a "Factura Electrónica e
Regulamento LOPD"

A Guarda, 08/03/2008.
A Confederación de Empresarios de Pontevedra e a
Asociación de Empresarios da Guarda organizan, o vindeiro martes, 11 de
marzo, unha Xornada sobre a
"Factura Electrónica e Regulamento LOPD" que ten por
obxecto dar a coñecer as ventaxes da factura electrónica e os pasos a seguir
para facelo da forma máis simple posible, así como o coñecemento do
regulamento da LOPD.
Esta Xornada vaise desenvolver na Sede Social de ACIGU, a
partir das 19.00h.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse
acudindo a sede social de ACIGU-CCA, na rúa Agustín Nandín Lomba – 4, ou
chamando ao teléfono 986 61 17 43 – 986 60 90 25, e mesmo a través do correo
electrónico: acigu2@yahoo.es.
O
afortunado dos 5.000 euros de ACIGU gastará mañá a tarde o seu premio
rematando o acto con festa infantil

Marco Claro
Silva, premiado co vale-compra por contía de 5.000 euros, con Carmen García
A Guarda, 04/03/2008.
A Asociación de Empresarios da Guarda (ACIGU CCA)
realizará mañá venres, 7 de marzo, a partires das 17.00 horas,
as compras con Marcos Claro Silva, o
afortunado cos 5.000 € da Campaña de Nadal.
Con motivo da mesma realizarase unha festa infantil na rúa
Vicente Sobrino desde as 18.00 ás 19.00 horas que contará con paiasos que
realizarán globoflexia e maquillaxe.
Ao remate da festa a todos os nenos recibirán unha bolsa de
lambetadas.
19 regalos sortea ACIGU na Campaña do
Día do Pai

A Guarda, 04/03/2008.
A Asociación de Empresarios da
Guarda (ACIGU CCA) presentou o 3 de marzo,
a campaña do DÍA DO PAI, coa que se pretende fomentar
o comercio local.
Esta campaña é totalmente gratuíta
para todos os establecementos asociados a ACIGU. Consiste na entrega de
carteis e papeletas numeradas aos establecementos
asociados, dando a posibilidade aos clientes de participar no sorteo
de 3 Televisores de 14”,
3 DVD, 3 MP3 e
10 Vales compra de 20 €.
ACIGU
xestionará gratuitamente as axudas para a adecuación dos establecementos
comerciais
A Guarda, 26/02/2008.
A Asociación de Empresarios da
Guarda (ACIGU CCA) xestionará gratuitamente entre os seus asociados, dende o
departamento de asesoramento empresarial, a subvención para adecuación dos
establecementos comerciais ao seu entorno competitivo. A finalidade desta
subvención é a renovación do comercio retallista galego e a incorporación
das novas tecnoloxías de información á xestión dos establecementos
comerciais, co obxectivo de adaptar as súas estructuras ao seu entorno de
maneira máis competitiva.
O departamento de asesoramento
empresarial de ACIGU CCA durante o ano 2007 realizou máis de 350 consultas
de diversos e diferentes temas, totalmente gratuítas para os seus asociados.
Comezou e ACIGU CCA o curso de Carretilleiro

A presidenta de ACIGU, dando a benvida aos
alumnos do curso
A Guarda, 19/02/2008.
A Asociación de Empresarios da Guarda (ACIGU CCA)
deu comezo onte, 18 de febreiro ás 20.00 horas, un Curso de Carretilleiro de
30 horas de duración, na Sede de ACIGU.
Neste curso, que contempla tanto formación teórica como
práctica, participan 15 alumnos traballadores de diferentes sectores de
empresas do Baixo Miño. O Curso de Carretilleiro inclúese no programa
formativo da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) e a
Consellaría de Traballo (Dirección Xeral de Formación e Colocación).

Alumnos asistentes a este curso de formación de 30 horas