Mércores, 25 de decembro de 2007
O Papá Noel de ACIGU recibiu aos
nenos nunha festa na que os máis pequenos foron os protagonistas
seguinte
A Asociación de
empresarios da Guarda, que preside Carmen García, celebrou o pasado 24
de decembro a Festa de Papá Noel, coa presenza de centenares de nenos,
moitos deles acompañados dos seus pais, nais ou avós, para disfrutar dos
hinchables, os globos e o maquillaxe, nunha xornada especial dedicada a
eles e que se repetira o día 4 de xaneiro, esta vez na alameda.
A Festa do Papá Noel,
que tivo como recinto o patio do colexio dos Pais Somascos, que se está
a convertir nunha alternativa no centro da vila para o lecer, comezaba
ás dez da mañá. Nun lugar central, Papá Noel, pacente el, recibía aos
nenos que lle contaban as súas peticións para a xornada de Nadal.
Algúns, máis tímidos, e outros desconfiados, foron contando o que
esperaban conseguir. Entre os máis pequenos, asustados, o que conseguían,
de inmediato, eran unha bágoas enormes, pero ao final un globo case
facía o miragre de substituír aquelas bágoas por un forzado sorriso.


















seguinte