portada

instalaciones

situación

servicios

C. Oportunidades

hemeroteca 2004-08

Reportajes

ENTEGA DE PREMIOS DO NADAL DE ACIGU-2008

 

O luns, 18 de febreiro, a sede social de ACIGU CCA acolleu a entrega de premios do sorteo da Campaña de Nadal levada a cabo por este colectivo empresarial como un modo de promocionar o comercio local e, ao mesmo tempo, premiar a fidelidade dos clientes cos establecimentos asociados.

A presidenta dos comerciantes e empresarios, Carmen García, deu a benvida aos presentes, agradecéndolles que se achegasen a este acto de entrega de premios para recoller cadanseu agasallo, e lamentou que non todos os premiados estivesen presentes, ben persoalmente ou representados por algún familiar.

Lembrou Carmen García que en total, na Campaña de Nadal de 2007, sorteáronse 117 regalos entre eles o premio estrela: 5.000 euros para gastar en distintos establecementos asociados.

Viaxes a Canarias, vales-compra, electromésticos e aparellos de música foron algúns destes agasallos que xa se están disfrutando polos que tiveron a sorte nos boletos que recibiron por mercar nalgún dos establecimentos de ACIGU CCA.

Marcos Claro Silva, agraciado co cheque-compra de 5.000 euros, fará as súas compras en vindeiros días, no transcurso dun acto especial que organiza a Asociación de Empresarios da Guarda, ACIGU CCA.

Agraciados con algún dos premios sorteados polos establecimentos asociados a ACIGU

Diego e Dani Rodríguez recolleron sendos cheques de 10 euros

Manuel Rodríguez Lomba no momento de recoller o vale-compra de 30 euros

En nome de Ana Quintas recolleu un DVD Sindi Rodríguez, a que tamén lle correspondeu un cheque-compra de 30 euros

A neli Rodríguez a sorte chegoulle en forma de batería de cociña

Carmen García entregando unha plancha a Valentina Carrero

Manolo Franco agraciado cun vale-compra de 20 euros

Xon Rodríguez recibiu outro vale compra de 30 euros

Motse Carrero foi agraciada cun DVD

Chelino e rosalía prepararán as maletas para viaxar ás Illas Canarias

Marcos Claro Silva terá que elaborar unha listaxe das compras que poderá facer cos 5.000 euros que lle tocaron (case un millón das antigas pesetas)

Febreiro, 2008