O ‘home do tempo’
da TVE visitou a sede ACIGU

José Antonio
Maldonado asina no Libro de Honor da Asociación de empresarios
A Guarda,
01/07/2008.
Representando á Asociación de
Empresarios da Guarda (ACIGU CCA), a presidenta deste colectivo, Carmen
Mª García Braga, recibiu o pasado sábado 28 de xuño, na sede da
Asociación, a José Antonio Maldonado máis coñecido como o “home do
Tempo” da TVE. Durante a visita, desde ACIGU CCA facitóuselle
informaicón do microclima da comarca do Baixo Miño, aproveitando tamén a
estadía do coñecido home do tempo para posibilitarlle coñecer a propia
localidade tanto cultural como gastronomicamente.
Na reunión intercambiáronse
diferentes impresións sobre como se informa da meteoroloxía na
televisión española, pois numerosas veces o sector turístico vese
afectado polas previsións meteorolóxicas.

A presidenta de ACIGU e a
técnica da asociación, Mónica, acompañando a José A. Maldonado e á súa
dona pola Guarda
Xuño, 2008