|
Festa dos flobos e das pompas de xabrón 25/08/2006 A Asociación de Empresarios da Guarda, ACIGU, organizou o venres, 25 de agosto, unha nova festa para os miúdos. Foi unha cita cos paiasos, as caras pintadas, as pompas de xabrón, os globos e os xogos. Unha tarde divertida con lambetadas e agasallos para os nenos que se achegaron á Alameda convertida nun especial parque lúdico no que os máis pequenos disfrutaron coas alternativas de ocio ideadas por ACIGU.
A Alameda apareceu con moitos globos. As cores reclamaron a atención dos máis pequenos que foron os que primeiro se animaron a participar
Disfrutando coas pompas de xabrón
E máis pompas
Agardando cola para conseguir un can salchicha, unha espada, un loro, un sombreiro...
E a alameda foron chegando máis e máis rapaces...
que corrían na procura do globo que agochaba lambetadas no seu interior
Logo sucedéronse os xogos en grupo...
ou por parellas
Todos os participantes con cadanseu lazo
Eu xa teño unha flor
Eu un loro azul... o meu loro e amarelo
Eu teño unha flor |
|
|