portada

instalaciones

situación

servicios

C. Oportunidades

hemeroteca 2004-08

Reportajes

FITUR-2008

 

Carmen Mª García Braga asistiu a distintos actos relacionados coa comarca do Baixo Miño en FITUR

A Guarda, 04/02/2008. Carmen Mª García Braga, presidenta da Federación de Empresarios do Baixo Miño e da Asociación de Empresarios da Guarda  realizou unha visita a FITUR 2008. A filosofía de traballo de ambas entidades é a de potenciar e traballar polo turismo e o desenvolvemento empresarial de toda a comarca miñota, e estar presente nunha fería tan importante como FITUR, dixo Carmen García, considerábano prioritario. Este ano sinalan, desde FEBAM e ACIGU, os stands dedicados a Galicia e  ao Patronato de Turismo Rías Baixas eran espectaculares e dos máis chamativos de toda a feira. O camiño polo que todas as entidade deben traballar "e traballaremos conxuntamente e por un Turismo de cualidade xa que temos todos os recursos necesarios para ter un sector impulsivo da comarca", quixo destacar a presidenta dos empresarios.

O persoal especializado que trasladou a FITUR 2008 á Federación de Empresarios do Baixo Miño dedicouse a manter xuntanzas de traballo con diferentes profesionais para  desenvolver novas estratexias Turísticas na Comarca do Baixo Miño.

A Presidenta de FEBAM e ACIGU asistiu  aos diferentes actos que se celebraron o primeiro día de febreiro co gallo da presentación de Galicia en Fitur 2008, sendo convidada aos mesmos polo presidente Emilio Pérez Touriño. Asistiu Carmen García Braga ao estreno da marca “Terras de Pontevedra”, presentado polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, o director Xeral de Turismo, Ruben Lois, e a Delegada de Pontevedra da Consellería de Innovación e Industria, Monserrat Prado Cores. Tamén estivo presente a presidenta dos empresarios en todos os actos de presentación turística celebrados no stand do Patronato de Turismo Rías Baixas.

O presidente da Xunta e Carmen García durante o percorrido polos stands de Galicia

Carmen García percoreu os stands relacionados con Galicia na compaña de distintas personalidades de diferentes institucións galegas

Entre as personalidades do sur de Pontevedra, atopábase o alcalde de Vigo, Abel Caballero

A ministra de Pesca, Elena Espinosa, e Carmen García en FITUR

Estreno da marca “Terras de Pontevedra”, nun acto presentado polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores

Abel Caballero conversa con Carmen García

Percorrido pola feira