O número 247.089 agraciado
cos 5.000 euros sorteados por ACIGU na Campaña de Nadal

A Guarda,
16/01/2009.
A Asociación de Empresarios e Comerciantes da Guarda,
ACIGU sorteou, onte, ante notario, os agasallos da Campaña de Nadal no
que se repartiron 99 premios, desde electrodomésticos, como tostadoras,
sandwicheras, batidoras e pranchas, pasando por vales compra por contía
de 10, 20, 50 e 100 euros; unha viaxe ás Illas Canarias e rematando co
premio estrela: un Vale-compra por contía de 5.000 euros que o
afortunado ou afortunada poderá gastar nos establecementos asociados a
ACIGU, cando menos terá que elixir ata dez deles para consumir ese case
millón das antigas pesetas.
Arestora ignórase quen foi o cliente
agraciado, pero si se sabe que o establecemento que deu a sorte foi
“Alén do Miño”.

A
presidenta de ACIGU, Carmen García Braga, e o Notario da Guarda, José
Manuel Rodríguez Casal, tomando nota dos números que ían saíndo

O
Notario, como corresponde a quen dá fe, seguiu atentamente o resultado
das extracións das bólas que ían sacando os colaboradores de ACIGU das
respectivas caixas

Prudencio González Franco, tomando tamén nota dos números que saían

Carmen
García encargouse de dirixir aos colaboradores durante a extracción dos
números

O
notario, en primeiro termo, e ao fondo os colaboradores extraendo as
bólas da sorte

Tomando
nota dos números que ían saíndo para comprobar, posteriormente, os
boletos

O máis
xove colaborador, Marcos González Rodríguez, mostrando unha das bólas ao
Notario

Un
momento do sorteo

Outro
instante do sorteo dos 99 agasallos ofrecidos polos establecementos
asociados a ACIGU

O número
agraciado cos 5.000 euros (preto dun millón das antigas pesetas)
