A Guarda, 30 de abril de 2008.
A Asociación de Empresarios da
Guarda (ACIGU CCA), fixo entrega dos agasallos da campaña do día do pai
coa que se persegue fomentar o comercio da
localidade
Como
se anunciou no seu día, a Campaña consistiu na entrega
de 100.000 rifas entre os asociados a
ACIGU CCA para distribuílas entre os seus clientes dándolles a
posibilidade de conseguir algún dos 19 agasallos que se sortearon:
3 Televisores 14 ”
3 DVD
3 MP3
10 Vales Compra 20 €
A Campaña que resultou
totalmente gratuíta para os asociados foi
cofinanciada pola Federación Galega de Comercio, a
Consellería de Innovación e Industria e CAIXANOVA.





Abril, 2008