|
|
Mércores, 7 de xullo de 2005 ACIGU
entregou os premios aos afortunados na campaña do Día da Nai A Asociación de Empresarios da Guarda, ACIGU, entregou o pasado luns, os premios aos clientes dos establecimentos asociados a este colectivo que resultaron agraciados no sorteo do Día da Nai. No acto, ao que acudiu o presidente da Federación Provincial de Comercio, Antonio Reguera Repiso, a presidenta do colectivo guardés, Carmen García, agradeceu aos afortunados que confiasen nos establecimentos asociados a ACIGU para facer as súas compras, felicitándoos por seren beneficiados no sorteo celebrado no seu día. Acto seguido, Antonio Reguera e Carmen García entregaron cadanseu agasallo ás persooas que se achegaron a sé de ACIGU a recolle-lo premio que lle correspondeu no mencionado sorteo.
Antonio Reguera, presidente da Federación Provincial de Comercio; Aurora Hinojal Linares, e Carmen García, presidenta de ACIGU
Olga Rodríguez Vicente, entre Antonio Reguera e Carmen García
A ana Isabel García Alonso correspondeulle unha bicicleta no sorteo do Día da Nai
A Antonio Rodríguez Freitas, a quen acompañou a súa dona Elena Barros Oliveira, tocoulle unha estancia no Balenario da Toxa |
|
|