Federación de Empresarios e Industriais do Baixo Miño

ACIGU

(páxina-1)    (páxina-2)

Antonio Reguera descubre unha praca na que xa é sé social da Delegación da Federación Provincial de Empresarios e Industrias de Pontevedra na Guarda

            Pouco despois das nove da noite do luns, 3 de outubro, e coincidindo co decimoterceiro aniversario de Carmen García, como presidenta de ACIGU, tivo lugar o acto inaugural e o descubrimento dunha praca coa que quedaba constancia da formalización de ACIGU, Federación de Empresarios e Industrias do Baixo Miño, como Delegación da Federación Provincial de Comercio de Pontevedra.

            A este acto acudiron, entre outros, o Delgado Provincial da Consellería de Traballo, Pedro Borrajo Rivas; o Deputado Provincial da Deputación de Pontevedra, César Pérez Ares; en nome do alcalde da Guarda, o concelleiro José Luis Lomba que disculpou a ausencia do rexidor local; o presidente da Federación Provincial de Comercio, Antonio Reguera Repiso, o concelleiro-portavoz do PSdG-PSOE, Xosé Manuel Domínguez Freitas; o presidentente da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Salvaterra de Miño, Cándido Teijeiro, a Asesora Xurídica de ACIGU, Begoña Nogueira e directivos da Asociación de Empresarios da Guarda, con Carmen García ao fronte.

            No exterior da sé social de ACIGU, Antonio Reguera Repiso, en presencia dos asistentes, descubriu a praca de bronce que testemuña como Delegación da Federación Provincial de Comercio de Pontevedra á Federación de Empresarios e Industriais do Baixo Miño-Asociación de Empresarios da Guarda.

            Posteriormente, xa no Salón de Actos de ACIGU, tiveron lugar as distintas intervencións nun acto presentado por Fany Iglesias, técnica da Asociación de Empresarios da Guarda.

Intervención de Carmen García

            En primeiro lugar fixo uso da palabra Carmen García Braga quen destacou a xornada do 3 de outubro coa que daba comezo o programa de actividades previstas ao longo dos próximos meses para conmemorar o XV Aniversario da fundación da Asociación de Empresarios da Guarda (ACIGU). “O noso sentido comercial”, dixo, “predispónnos a unha colaboración integral coas asociacións empresariais do Baixo Miño”, para engadir que “desde hoxe, desde agora mesmo, descuberta xa a praca que nos recoñece como sé da Federación de Comercio da Provincia, ACIGU, o seu equipo técnico e directivo, poñémonos a dispor das citadas asociacións”, e concluíu Carmen García asegurando que “a Federación Provincial e o seu presidente, Antonio Reguera, terán en nós aos seus máis fieles colaboradores apostando pola integración e a unidade comercial”.

Intervención de Antonio Reguera

            O presidente da Federación Provincial de Comercio destacou o sector do turismo como xerador da actividade comercial. Calificou a ACIGU como “unha asociación exemplar de traballo e que moitas veces púxena de exemplo pola loita constante que leva a cabo".

            Logo de sinalar que as asociacións teñen a obriga de potencia-la vida do comercio e de loitar porque os consumidores compren na súa localidade, de potenciar que haxa unha grande riqueza turística e cultural, engadiu que, para conseguilo, asociacións de empresarios e concellos teñen que traballar conxuntamente.

            Agradeceu a presenza do delegado provincial de Traballo ao acto “respaldando así o labor que está  a facer a Xunta de Galicia en favor do comercio en xeral”.

            Recordou noutro momento Antonio Reguera que, hai catro anos, a Federación Provincial acordou designar catro delegacións na provincia: Vilagarcía, Pontevedra, e nas comarcas do Deza e do Baixo Miño, véndose favorecida, neste último caso a proposta por dispor ACIGU dun local propio e contar con medios humanos para desenvolver este novo lobor. “Espero que esta Federación do Baixo Miño sexa un trampolín, sexa unha base de unión para que ese turismo que Portugal ten, de máis de dous millóns de visitantes que tódolos anos chegan a Galicia, lles demos a coñecer a través das nosas ferias, das relacións coas cámaras, a través das relacións coas asociacións, darlles a coñecer que o Baixo Miño ten unha riqueza importante, gastronómica e cultural” e rematou brindando o apoio das asociacións empresariais ao Delegado Provincial e, por extensión, á consellaría de Traballo.

Intervención de Pedro Borrajo

            Tralas intervencións anteriores, e antes de que o fixese o delegado de Traballo, Pedro Borrajo, a presidenta de ACIGU, Carmen García, e o presidente da Federación Provincial de Comercio, Antonio Reguera, asinaron o convenio que recolle  o nomeamento de Camen García como membro do Comité Executivo e da Xunta Directiva da Federación Provincial, e á Federación de Empresarios e Industriais do Baixo Miño, como Delegación da súa homónima provincial. Tamén refrendaron, como testemuñas, o citado acordo, Pedro Borrajo e Cándido Teijeiro.

            O delegado provincial de Traballo, Pedro Borrajo, animou “á Federación Provincial de Comercio, coa colaboración das distintas localidades, neste caso, da Guarda e Salvaterra, a que siga na estructuración do sector, porque desta estructuración nunca se pode sacar outra cousa máis que beneficios”.

            Tamén animou a ACIGU, que leva xa quince anos de andaina “representado neste momento por Carmen (...), no seu labor de crear condicións de calidade dos seus productos, que venden ou fabrican, e capacidade competitiva, fronte a unha sociedade cada día máis competitiva”. Destacou, refrendando as palabras de Antonio Reguera, a situación privilexiada da Guarda, “non só polas súas condicións paisaxísticas, climáticas, xeográficas, senón pola condición das súas propias xentes”.

            E rematou a súa intervención mencionando tres piares básicos que posúe esta localidade: “Temos o mellor sector de restauración, o mellor sector de gastronomía, a xente con máis capacidade de producir os pratos mellores, non soamente da provincia de Pontevedra, senón de toda Galicia e fóra de Galicia. É recoñecido por todos que este é un centro de degustación de pratos extraordinarios”, outro dos piares que mencionou foi a urbanización do Castelo de Santa Cruz, xunto con algunha outra urbanización, que influirán no comercio local, e, finalmente, salientou os valores do Monte Santa Trega co seu castro que xera un número de visitas que comparou, valéndose da referencia visitantes por número de habitantes, coas que recibe Santiago de Compostela.

Antes de comeza-los actos

Previamente tivo lugar o sorteo da Campaña "Vuelta al cole". Carmen García, Fani Iglesias e Alberto Magallanes toman nota dos números que van extraendo das respectivas caixas

O Delegado Provincial de Traballo, Pedro Borrajo, e o Deputado polo Baixo Miño na Deputación de Pontevedra, César Ares, sorríen amigablemente

O directivo de ACIGU, Alberto Magallanes, e o portavoz socialista e concelleiro na Corporación da Guarda, Xosé Manuel Domínguez Freitas

O directivo de ACIGU, Francisco Priego, acompañando ao presidente da Federación Provincial de Comercio, Antonio Reguera

O presidente da Asociación de Empresarios e Comerciantes do Salnés, Cándido Teijeiro, saúda ao deputado César Pérez Ares

En primer termo, José Luis Lomba, concelleiro popular que representou ao alcalde, José Luis Alonso Riego, neste acto

De esquerda a dereita, Paco Priego,  Begoña Nogueira, Asesora Xurídica de ACIGU, Raimundo Lomba e Carmen García

Antonio Reguera e Ángel Méndez

(seguinte)