|
Viernes, 13 de xaneiro de 2006 7.300 euros en cheques-compra e outros 26 premios foron os sorteados o pasado mércores por ACIGU O pasado mércores, 11 de xaneiro, celebrouse na sé de ACIGU, o sorteo da CAMPAÑA "Nadal de ACIGU". O acto estivo supervisado polo Notario da Guarda quen, previamente, comprobou que en cada caixa estaban as bólas correctamente numeradas e na súa totalidade. 7.300 euros en cheques-compra, sendas viaxes a Mallorca e Canarias, e outros 24 premios en forma de planchas, batidoras, DVD´s e un televisor foron os premios que se levaron os 104 agraciados/as no sorteo. O premio estrela, un cheque compra por importe de 5.000 euros, correspondeu ao número 243.575 entregado na Floristería Orquídea.
O Notario comproba as bólas e os números baixo a mirada de Mónica atenta para que nada falle
5 habituais colaboradores de ACIGU extraen, unha vez máis, os números agraciados con cadanseu regalo
Un momento no que se atende a saída das bólas para tomar nota dos números premiados
En primeiro termo, a presidenta da Asociación de Empresarios da Guarda, ACIGU, Carmen García
Á esquerda o máis benxamín dos colaboradores de ACIGU que chegou todo "engominado": non era para menos nun sorteo onde o primeiro premio eran 5.000 euros nun cheque-compra. Á dereita uns ollos seguen atentos os números extraídos
Alberto Magallanes toma boa nota dos números. A dereita escribindo un dos números agraciados
Están a piques de extraer o número do "premio estrela": 5.000 euros para realizar compras nos establecimentos asociados a ACIGU
¡¡FELICIDADES AO AGRACIADO CON CHEQUE-COMPRA DE 5.000 EUROS! (Ir al listado de premios) |
|
|