Sábado, 26 de abril de 2008
2.500 racións de chocolate degustáronse o
Día de Portugal nunha xornada organizada por ACIGU CCA

A Asociación de Empresarios da Guarda, ACIGU CCA, co
gallo do Día de Portugal celebrou o xoves unha “Gran Chocolatada”
na que se repartiron 2.500 racións de Chocolate e Rosca de xeito
totalmente gratuíto. Con esta iniciativa o colectivo, que agrupa a máis
de douscentos asociados que foron os encargados distribuír as
invitacións para esta degustación, persegue o fomento do comercio e a
hostalería local. Esta iniciativa vén deseñada na programación anual da
asociación como unha actividade destacada no transcurso do ano. ACIGU
CCA conta ca colaboración da Consellería de Innovación e Industria,
Caixanova, Federación Galega de Comercio e o concello de A Guarda.
Tarde soleada
Fronte a climatoloxía adversa, aínda que
necesaria, que se rexistrou neste mes de abril, o Día de Portugal,
celebrado por ACIGU CCA coa Gran Chocolatada no Auditorio de San Bieito,
veo arroupado polos ceos azuis e unha temperaturas que superaban os 25
graos.
Malia á bondade climática que animaba a
achegarse ás praias, a Gran Chocolatada cumpriu o seu compromiso e
esgotáronse as existencias.









