Sábado, 29 de decembro de 2007
Máis de 1.500
degustacións de chocolate con rosca de xemas se serviron na Alameda da
Guarda
Onte,
28 de decembro, celebrouse na Carpa da Alameda a chocolatada organizada
polos establecementos asociados a ACIGU para premiar a fidelidade dos
clientes co comercio da Guarda.
Foron
arredor de 1.500 chocolates, coa súa correspondete ración de rosca de
xema, as que se serviron nesta degustación popular, totalmente gratuíta,
que compartiu escenario coas actividades de lecer organizadas polo
concello no mesmo recinto.
Os
parabéns a ACIGU por esta iniciativa chegaron de forma xeralizada non só
pola iniciativa, senón, tamén, porque quen participaron deste saboroso
pracer do chocolate con rosca apreciaron a excelente preparación servida
na xornada de onte.
No
stand de degustación, personal de ACIGU, coa presidenta Carmen
García ao fronte, fixeron posible a distribución desas 1.500
degustacións de chocolate con rosca de xemas da que disfrutaron pequenos
e maiores.
















Decembro, 2007