portada

instalaciones

situación

servicios

C. Oportunidades

hemeroteca 2004-08

Reportajes

Reportajes-2008

Os Reis Magos entregaron as bicicletas aos agraciados no Concurso de Debuxo Infantil sobre o Nadal

A Guarda, 08/01/2007. A Asociación de Empresarios da Guarda (ACIGU CCA) fixo entrega o venres,  4 de xaneiro as 19.00 horas, aproveitando a visita dos Reis Magos de Oriente á Sede de Nadal de ACIGU CCA na rúa Julián Lopez, das bicicletas do Concurso de Debuxo Infantil sobre o Nadal.

Os nenos gañadores foron elixidos por sorteo segundo categorías de idades, correspondendo as bicicletas sorteadas a José Martínez Martínez, Verónica Alonso Alonso, María Martínez Guisande, Lucía Vicente Adrover, Danny Míguez Amorín, Carla Pombal Domínguez, Mirian Alonso Martínez e Jonathan Estévez Gómez

As bicicletas foron entregadas aos nenos e nenas polos propios Reis Magos de Oriente, quen marcharon moi satisfeitos e agradecidos pola grande creatividade e cantidade de debuxos do Nadal recibidos na sede de ACIGU.

Durante toda a tarde do venres, a súas Maxestades recibiron aos pequenos e atenderon as súas peticións e desexos, e fixéronlles entrega de pequenos agasallos. Ao remate da xornada de visita, realizouse o sorteo diario de xoguetes.