Aula Etnográfica do Mar

07/07/2006

seguinte

Inauguración da Aula Etnográfica do Mar

            O mércores, 5 de xullo, foi inaugurada, na rúa Inguieiros, a Aula Etnográfica do Mar, unha iniciativa de ANABAM e ACIGU, que se integra no lugar máis idóneo para promover a cultura mariñeira, o entorno portuario.

            Antes dos discursos de rigor os promotores da Aula cederon ao presidente da Federación Galega de Comercio, José Mª Seijas, o honor de descubrir a praca que simboliza o acto inaugural.

            Carmen García, presidenta da Asociación de Empresarios da Guarda, que tomou en primeiro lugar a palabra, referiuse aos múltiples proxectos que está a poñer en marcha ACIGU, proxectos que “se cumpren e non é por simple casualidade, e si polo traballo continuado en equipo, coas ideas firmes e ordenadas de directivos e técnicos”.

            A Aula Etnográfica do Mar, dixo noutro momento, non sería posible “sen a axuda de Anabam (…),  pero afortunadamente eles confiaron en nós”.

Logo de sinalar que o material exposto se irá enriquecendo con novas aportacións, concluíu a súa intervención sinalando que o colectivo que preside “aposta sempre por proxectos realizables, (…) actuacións e iniciativas que beneficien ao colectivo empresarial en particular e á cidadanía en xeral, sen esperar por eles partidas de recoñecemento a cambio”.

O presidente da Federación Galega de Comercio, José Mª Seijas, salientou os proxctos que promove ACIGU e que o teñen acercado en máis dunha ocasión ao Baixo Miño, sinalando que “sempre que me achego é para inaugurar algo”, e sempre son proxectos que van adiante, dixo convencido.

Agustín Ferreira, presidente de ANABAM, agradeceu o interese manifestado desde a Asociación de Empresarios da Guarda polos fondos de ANABAM, uns fondos que, desde o ano 1994, permanecían no Centro Cultural, constituíndo unha exposición permanente que foi moi visitada, pero da que nos últimos anos o concello non só se desentendeu senón arrinconou o material, ata o punto de chegar a extragarse parte del ou, incluso, desparecendo pezas.

O concelleiro de Cultura, José Luis Lomba, non ocultou o abandono que sofriron estes fondos no Centro Cultural, lamentando que non se lles dedicase un maior interese. Sinalou tamén que a localización da Aula Etnográfica do Mar era a máis idónea, e brindouse a colaborar desde a súa dobre faceta de concelleiro de Cultura, á que accedeu trala dimisión do anterior edil, pero tamén como particular.

Pedro Borrajo, Delegado de Traballo, dsestacou no seu discurso o labor realizado por ANABAM recordando a recuperación do material que se expón desde o ano 1991 en distintas dependencias da Guarda. Tamén salientou os piares nos que se sustenta a actividade económica da Guarda mencionado, entre outros ao comercio e o turismo.

O concelleiro do BNG, Xan Lois Lomba Alonso, e o presidente de ANABAM, conversan antes da inaugración da Aula Etnográfica

Á esquerda, Luis Dorado Senra, quizais o mellor fotográfo da natureza do Baixo Miño; no centro, Florencio Díaz, e á dereira, Javier Castro, presidente de Espaderos Guardeses

Teresa Cadilla, concelleira de Servizos Sociais, e Carmen García, presidenta de ACIGU que segue con atención as explicacións de Teresa

En primeiro termo, Verdeal,presidente da Asociaciñon de Comerciantes do Rosal, e con el, o Subtenente da Garda Civil (lamentamos non coñecer a todos os presentes neste acto, polo que pedimos disculpas por non mencionalos)

De esquerda á dereita: Carmen García, Jesús García Villadóniga, párroco da Guarda, José Mª Seijas, presidente da Federación Galega de comercio, e Pedro Borrajo Rivas, delegado de Traballo

Rafael Barbosa, pintor e decorador da fachada do Museo do Mar; Florencio Díaz, industrial, e Fany Iglesias, responsable da Oficina de Colocación de ACIGU

O concelleiro de Cultura, José Luis Lomba Álvarez conversa con un dos invitados ao acto inaugural en presenza da súa dona

Ricardo Martínez Rodríguez, xerente de Proclima-SL., e Mónica Rodríguez, responsable da oficina de ACIGU

Javier Castro explica as características dunha das redes que se expoñen na Aula Etnográfica

Observando os expositores que se distribúen no mesmo piso

Membros de ANABAM presentes nesta inauguración

Pedro Borrajo conversa coa súa filla, Mónica e Francisco Rodríguez

Verdeal coa periodista Eva González

Ana Rodríguez e Miguel, da oficina de FEBAM, en Tui

seguinte