|
Marco Claro Silva
gasta os 5.000 euros cos que foi agraciado na
Campaña de Nadal

A Asociación de Empresarios da Guarda (ACIGU CCA)
acompañou, o 7 de marzo,
ao afortunado co vale-compra por contía de 5.000 euros sorteado na
Campaña de Nadal organizada por este colectivo.
Marcos Claro
Silva iniciaba o periplo por distintos establecimentos da Guarda,
asociados a ACIGU, ás 17.30 horas
e, aproximadamente unha hora máis tarde, os cinco
mil euros convertéranse en obxectos para a casa e agasallos especiais.
O percorrido
levou a Marcos, xunto coa representación de ACIGU, presidida por Carmen
García, polos establecimentos:
|
Perfumería Chévere
Xoiería Royfe
Confiteria Rogelio
Informática Jaime
Xoiería as Gemas
Seguros MAPFRE
Distribuidora Disramo
Master
Comercial Automoto
Expert
|
 |
As compras remataron na rúa Vicente Sobrino onde
ACIGU CCA organizou unha Festa
Infantil con motivo deste evento, e na que os
máis pequenos poideron
disfrutar da animación dos paiasos e globoflexia
entregando ao final da mesma unha bolsa de
lambetadas a cada neno participante.
ACIGU CCA
quere agradecer a colaboración da Consellaría de
Innovación e Industria, de Caixanova e do
Concello de A Guarda que posibilitaron esta iniciativa que ten
por obxecto, ademais de promocionar o comercio local, premiar a
fidelidade dos clientes cos establecimentos asociados a ACIGU.









E como estaba previsto, ás
seis da tarde comezaba, na rúa Vicente Sobrino, a festa infantil con
paiasos, globoblexia e maquillaxe. Disfrute especial para os miúdos aos
que a Asociación de Comerciantes da Guarda quixo convidar pois non
sempre se pode gastar 5.000 euros tan "alegremente", e cando menos ACIGU
posibilita esa satisfacción unha vez ao ano.








|