Gastando 5.000 euros

Diego Boquete disfruta, arestora, das compras que efectuou o sábado, 25 de febreiro, en distintos establecimentos da Guarda asociados a ACIGU, ao ser o elexido pola sorte para recibir o cheque-compra por contía de 5.000 euros.

Durante a mañá do sábado púxose en marcha polas rúas da Guarda a comitiva da sorte, desprazándose Diego Boquete, a súa dona e o seu pequeno fillo, en coche de época precedidos pola megafonía que abría itinerario, para irse achegando aos distintos establecimentos de ACIGU elexidos por Diego para efectua-las súas compras.

A seguinte reportaxe da idea do que foi esa mañá na que, por segundo ano, o ceu non quixo acompañar moito.

Reportaxe do 25/02/2006